h1

O vindeiro 18 de outubro comeza o I Curso de Actualización e Innovación en Infección por VIH dirixido a médicos, enfermeiras, farmacéuticos, biólogos, traballadores sociais, psicólogos e outros profesionais que traballen directamente na infección por VIH.
 
Esta acción formativa que, se desonvolverá en cinco días, contará con expertos nacionais na infección por VIH e dispón da acreditación pola Comisión de Formación Continuada da Xunta de Galicia.
 
O lugar de celebración será o Salón de Actos do Hospital Universitario da Coruña.