h1

O vindeiro 26 de outubro celebrarase, en Santiago de Compostela, a 7ª Xornada en Bibliosaúde cuxo tema principal será "Falando de baremos, medidas e métricas en ciencias da saúde".
 
Ademais, este ano, estamos de celebración pois se cumpren 10 anos desde a presentación da Biblioteca Virtual o 17 de outubro de 2008.
 
Queres saber se está correctamente baremada a túa publicación?
 
Esta xornada está dirixida ao persoal de Bibliotecas e persoal sanitario interesado en coñecer como é o sistema de baremación das súas publicacións científicas.
 
A inscrición é gratuíta e hai que realizala desde a plataforma da "Axencia do Coñecemento en Saúde" ACIS, en Formación Continuada no buscador de actividades, ou dende FIDES, no apartado Consultas, premendo en Perfil ACIS. O código da actividade formativa é 186936.
 
As persoas alleas ao Servizo Galego do Saúde ou de fora da nosa Comunidade que queiran inscibirse, deberán porse en contacto con ACIS, a través do email acis@sergas.es ou no teléfono 981 555 103, facilitando o código da actividade formativa é 186936.