h1

O servizo de Nutrición e Endocrinoloxía do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña celebra o Día Mundial da Diabete 2018, con diversas actividades na rúa dirixidas a toda a Familia.
 
Baixo  o tema de "A Familia e a Diabete", o 17 e 18 de novembro, serán dous días de celebración e concienciación sobre o impacto que ten a Diabete na familia, por iso as actividades están orientadas ao manexo e coidado desta enfermidade.

O sábado, 17 de novembro, ademais dunha festa infantil coa temática da Diabete na Casa da auga, realizaranse talleres de cociña para nenos e adultos, talleres de escritura e exhibición de cachorros.
 
domingo 18 de novembro, terá lugar a "II Marcha popular pola Diabete".
 
Coñece todos os detalles AGORA! PROGRAMA DIABETES CHUAC.jpgPROGRAMA DIABETES CHUAC.jpg
 
 
 

Diabete Tipo 2: Explicámosche como previla
 
A pesar de que a Diabete tipo 2 é unha enfermidade que afecta a unha parte importante da poboación e 1 de cada 2 persoas viven con ela sen sabelo, é importante saber que na maioría dos casos pode previrse con:
 
1. Actividade física regular
2. Unha dieta saudable e equilibrada
3. Promoción de contornas saudables

Está demostrado que para levar a cabo estes tres consellos é clave o apoio familiar,  axudando á mellora na saúde das persoas que a padecen como a un diagnóstico temperán da enfermidade.

"Canto maior é o obstáculo, máis gloria hai en superalo"-Moliere-