O vindeiro luns día 10 de decembro, o Hospital Universitario A Coruña, dentro do Curso de Formación Continuada en Cardiología 2018-19, acollerá a seguinte conferencia:
Taquicardia ventricular en pacientes con cardiopatía estrutural. Novos enfoques na planificación e abordaxe das técnicas de ablación a cargo do Dr. Angel Arenal Maíz do Servizo de Cardioloxía do Hospital Universitario Gregorio Marañón. Madrid
Hora: 8:30 horas
Lugar: Salón do Actos do Hospital Universitario A Coruña (4ª planta)
Esta conferencia será transmitida por videoconferencia ao Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol.
Poderá seguir a sesión a través da seguinte ligazón:
(Para acceder á sesión só é necesario facer click sobre a ligazón)