h1

O vindeiro luns día 17 de decembro 2018, a Dra. Luisa Pérez Álvarez do Servizo de Cardioloxía do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña ofrecerá a conferencia 'Marcapasos sen cables e DAI subcutáneo. Indicacións clínicas e plan de coidados pre e post-implante'.

Esta sesión que terá lugar ás 8.30 horas, no salón de actos do Hospital Universitario A Coruña, está enmarcada dentro do Curso de Formación Continuada en Cardioloxía 2018-19.

Esta conferencia será transmitida por videoconferencia ao Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol. 

Poderá seguir a sesión a través da seguinte ligazón:

(Para acceder á sesión só é necesario facer click sobre a ligazón)