Xénero: Homo, Especie: Sapiens
De onde vimos?
Desde cando estamos aquí?
Hora: 13:30 h.
Lugar: Salón de Actos de Hospital Universitario da Coruña.
Esta sesión atópase enmarcada nun ciclo de conferencias de divulgación científica, dirixida a persoal do centro, familiares e para o público en xeral, co obxectivo de que o hospital da cidade non só sexa o lugar onde se acode por estar enfermo ou ter algún familiar ou amigo ingresado, senón que tamén sexa un lugar de divulgación da cultura científica.