h1

O vindeiro luns 28 de outubro dará comezo ao novo Curso de Formación Continuada en Cardioloxía CFCC 2019-20 do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña.

 
Este Curso, organizado polo Servizo de Cardioloxía do CHUAC é un dos nosos alicerces para a formación e actualización en patoloxía cardiovascular, dirixido a todo a profesionais da área sanitaria interesados en mellorar os seus coñecementos nesta área.


A primeira sesión tenrá lugar no Salón de Actos do HUAC, 4ª planta, ás 08:30 horas, baixo o nome de: 

 
'Actualización Guías ESC 2019 sobre Diabetes, Pre-diabetes e enfermidades cardiovasculares' co Dr. Óscar Prada Delgado. Servizo de Cardioloxía. Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.