h1

​O pasado 13 de decembro de 2019 celebrouse no Hospital Universitario de A Coruña, a Xornada de Enfermería, Comprometidos coas boas prácticas, organizada pola Dirección de Enfermería. 

Esta xornada, enmarcada dentro do Programa de Implantación de Boas Prácticas en Coidados a través de Centros Comprometidos coa Excelencia en Coidados (CCEC®), se organizou como impulso importante ó proxecto, sendo o Instituto Carlos III (investen-iscii) o responsable de otorgar a certificación. 
 

Tres insitucións comprometidas

O Programa de Implantación de Boas Prácticas en Coidados xorde en España do acordo entre tres institucións comprometidas coa Práctica Baseada na Evidencia: A Unidade de Investigación e Coidados de Saúde (Investén-isciii), o Centro español para os coidados de saúde baseados na evidencia (CECBE) e a Asociación de Enfermeiras de Ontario (RNAO). Por este acordo constitúese o Centro Coordinador do programa en España. A Área Sanitaria de A Coruña e Cee presentou a súa candidatura como candidato a dito centro no ano 2017, sendo esta aceptada. No momento actual un amplo número de profesionais están a traballar para que nos catro ámbitos seleccionados para implantar boas prácticas cumpran os requisitos necesarios para ser considerados un centro comprometido coas Boas Prácticas.

 
As catro liñas de traballo son: A instauración de boas prácticas na prevención de lesións no pé diabético, a selección correcta de pacientes para a canalización de vías centrais de acceso periférico, a prevención de caídas e a implantación de boas prácticas nos coidados dos pacientes con ostomías. Aínda que o grupo de persoas implicado é moi amplo, a difusión ó resto do persoal de enfermaría, de todos os servizos da Área Sanitaria de A Coruña e Cee é imprescindible, pois un dos obxectivos finais da implantación das boas prácticas é que estas se apliquen na totalidade da área sanitaria.