h1

A Consellería de Sanidade puxo ne marcha o pasado día 27 de febreiro, no ámbito da Xerencia Integrada da área sanitaria da Coruña, o programa Redcasa.
 
O proxecto Redcasa, que prevé nuha primeria fase formar ao 30 % do persoal dos centros de saúde, é unha rede de capacitación sanitaria e adestramento no lugar e durante o tempo de traballo do persoal sanitario de atención primaria, centrado en mellorar a formación para a asistencia das emerxencias cardiovasculares.
 
De forma especial, centrarase en primeiro lugar o colectivo de profesioanles que exerce a súa profesión en ocasións de forma illada e lonxe dos hospitais de referencia e dos recursos avanzados do 061.

Impulsado pola  Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde ( ACIS), o proxecto combina innovación formativa, organizativa
e tecnolóxica, integrando o adestramento dos profesionais durante a súa xornada laboral a través dunha plataforma de avaliación de competencias.
 
Redcasa centrarase na urxencia cardiovascular dado que a cardiopatía  isquémica é a primeira causa de morte, provoca o 40 % dos falecementos en menores de 75 anos e a maioría ocorren na rúa ou en casa. Sobrevivir ao infarto está directamente relacionado co recoñecemento precoz do risco de parada cardíaca, o aviso aos servizos de emerxencia, a realización das manobras de  resucitación  cardiopulmonar (RCP) e a  desfibrilación, xa que se calcula que a  RCP inmediata pode duplicar a supervivencia.