h1

Por segundo ano consecutivo o CHUAC faise co Premio ao mellor Hospital de España na categoría de Centro de Alta Complexidade. Nesta ocasión, o Complexo Hospitalario Universitario A Coruña, consegue tamén os premios aos servizos de  Microbioloxía, Reumatoloxía, Nefroloxía e á Unidade de Coidados Paliativos, ademáis de clasificarse para a final dos prestixiosos premios Best in Class nas categorías aos mellores servizos de farmacia e farmacia en IMIDS, neumoloxía, neuroloxía, psiquiatría, reumatoloxía, urxencias e uroloxía, así como ás mellor unidade de dor e de enfermidades infecciosas.

Os Premios Best in Class teñen como obxectivo recoñecer públicamente ao mellor centro de atención primaria, ao mellor hospital e a os mellores servizos e unidades do territorio nacional, tanto públicos como privados, que buscan a excelencia na atención que prestan aos seus pacientes. Tanto os gañadores como os finalistas forman parte da Guía dos Mellores Hospitais e Servizos Sanitarios que se edita anualmente. 

A concesión destes premios baséase na puntuación obtida polos candidatos co Índice de Calidade Asistencial ao Paciente (ICAP), que se establece a partir da análise multivariable con entre 100 e 150 indicadores, e entre eles destacan a atención ao usuario, a mortalidade, a taxa de infeccións,todo elo en función da especialidade.

Estes premios foron fallados onte por la tarde en Madrid

O pasado ano, tanto o Hospital, como os servizos de Farmacia Hospitalaria e de Nefroloxía, xa conquistaron este galardón, cada un nas súas especialidades.​