h1

O próximo 6 de maio ás 14.00 horas terá lugar a 3ª Sesión do Plan de Formación para Residencias Sociosanitarias 2021. 

Leticia Hermida Porto, médico do Servizo de Hospitalización a domicilio do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, falará do "Paciente nos últimos días da vida".



Este plan, dirixido a todo o persoal que traballa nas Residencias, consta de actividades formativas en liña, así como dun espazo na web para que dispoñan de información para o desenvolvemento do seu traballo: Unidade de Apoio Asistencial a Residencias Sociosanitarias.​