h1

O 5 de maio é o DÍA MUNDIAL DA HIXIENE DE MANS. Un ano máis, liderado pola Organización Mundial de Saúde,  súmase a celebración deste día o Servizo Galego de Saúde e a Área Sanitaria da Coruña e Cee, baixo o lema SEGUNDOS QUE SALVAN VIDAS: LIMPA AS TUAS MANS.

A OMS lembra, neste sentido, que a hixiene das mans nos protexe fronte ás infeccións asociadas á asistencia sanitaria e prevén a diseminación de microorganismos multirresistentes e destaca a importancia de que os profesionais realicen a hixiene de mans no punto de atención, no que coinciden o profesional, o paciente e o coidado ou tratamento a levar a cabo. 

Neste ano 2021 e desde o inicio da pandemia causada polo SARS-CoV-2, a hixiene das mans adquiriu unha maior visibilidade como medida preventiva esencial fronte a ese virus. É preciso insistir na relevancia de efectuar a hixiene das mans, cunha técnica correcta, nos momentos adecuados (os 5 momentos) e restrinxir o uso de luvas para as tarefas nas que son imprescindibles, cambiándoas segundo as pautas establecidas e recordando que o seu emprego nunca substitúe a unha adecuada hixiene das mans.

Pode obter máis información sobre este tema, accedendo á paxina web a través do seguinte enlace:




Por último, cabe destacar que ao longo de todo o ano vai estar dispoñible o curso Hixiene de Mans na Atención Sanitaria, na Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS), ao que se pode acceder a través deste outro enlace:


 
Cómo hacer Higiene de manos CHUAC_coruna2021.PNG