h1

O 27 de maio o Servizo de Urxencias do CHUAC súmase á celebración do día da Medicina de Emerxencia baixo o lema 'Especialistas en estar sempre ao teu lado'. 

Esta data de 1994 foi na que un grupo de médicos dedicados ao desenvolvemento da atención emerxente representando a diferentes países europeos, asinou o acta constitutiva da Sociedade Europea de Medicina de Emerxencias.

O obxectivo era crear un sistema que garantise a todos os cidadáns europeos unha resposta profesional, competente e oportuna a calquera emerxencia de saúde.

A pandemia por COVID-19 fixo aínda máis patente o papel dos servizos de urxencias como garantes da accesibilidade da poboación ao sistema sanitario en todo momento.

O Servizo de Urxencias do CHUAC traballa para dar unha atención cos máximos estándares de calidade técnica á poboación en base ao coñecemento científico imperante e na procura constante da excelencia. Unha atención humana, nunha contorna de seguridade, confianza, confidencialidade, respecto, equidade e universalidade.

'Todos os días do ano, as 24 horas do día, especialistas en estar sempre ao teu lado'.