h1

O próximo 3 de xuño ás 14.00 horas terá lugar a 5ª Sesión do Plan de Formación para Residencias Sociosanitarias 2021. 

Francisco Pita Guitierrez, médico da Unidade de Nutrición do Servizo de Endocrinoloxía do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, falará de 'Claves de Nutrición no anciá'.


Este plan, dirixido a todo o persoal que traballa nas Residencias, consta de actividades formativas en liña, así como dun espazo na web para que dispoñan de información para o desenvolvemento do seu traballo: Unidade de Apoio Asistencial a Residencias Sociosanitarias.