h1

Onte o Complexo Hospitalario Universitario da Coruña celebrou o Día Mundial do Transplante.

O coordinador de Transplantes, Fernando Mosteiro, fixo un recoñecemento aos que doan en vida e en especial, ás familias de pacientes falecidos pois grazas a un acto de xenerosidade dan continuidade a outras vidas.

Para finalizar as intervencións, o xerente da área Sanitaria da Coruña e Cee, Luís Verde resaltou a importancia do acto de altruísmo que supón a doazón baixo o lema «Sen doante non hai transplante».