h1

Os hospitais galegos precisan unha media de 500 doazóns diarias para levar a cabo axeitadamente o seu labor asistencial. A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), fai un chamamento xeneralizado á participación da cidadanía e do persoal sanitario no período estival.

Persoas promotoras percorreran os hospitais das cidades de Lugo, A Coruña, Santiago e Ourense para incentivar a doazón entre o persoal e os amigos e familiares dos pacientes.

Esta campaña ten como obxectivo informar de forma personalizada a familiares e amigos dos pacientes da necesidade diaria de obter doazóns de sangue para non deter o funcionamento do hospital. As persoas promotoras aclararan dubidas e obxeccións e canalizar o impulso solidario acompañando ao posible donante ao local de doazón.

Instalaranse durante o tempo da campaña carteleira e indicacións específicas para guiar as persoas cara o local de doazón.

Resulta moi importante motivar ao persoal sanitario a doar e isto é unha importante misión da campaña. Falarase cos equipos de traballo das distintas plantas e especialidades para que axuden na labor con familiares e amigos pero tamén para que acudan ao local de doazón.

Doar, acto altruísta moi sinxelo
Pode doar sangue calquera persoa con máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar a vida.

Para máis información, ADOS dispón do sitio web: https://ados.sergas.gal/​, as páxinas de ADOS en redes sociais, e o teléfono gratuíto de cita previa 900 100 828 para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue.

ADOS lembra que, aínda que se pode acudir de forma espontánea, é recomendable solicitar cita no teléfono antes sinalado.