h1

O 29 de setembro celébrase o Día Mundial do Corazón e o Servizo de Cardioloxía do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña quere lembrar a importancia de pensar no teu corazón.

Para iso quere dar difusión aos tres consellos máis importantes que poden axudar a diminuír substancialmente o número de mortes por enfermidades cardiovasculares

1. Levar unha dieta sa: alimentarse ben e beber con moderación

Reduce o consumo de bebidas azucradas e alimentos procesados, cambiándoos por froitas e verduras.

2. Realizar exercicio físico de maneira rutineira.

Mantente activo a través das túas actividades diarias, tales como as tarefas domésticas, subir escaleiras ou realizar os desprazamentos camiñando ou en bicicleta.


3. Dicir NON ao Tabaco

O Día Mundial do Corazón creouno a Fundación Mundial do Corazón co obxectivo de concienciar á poboación da importancia de escoitar ao noso corazón e lembrar que debemos coidalo cada día, pois a enfermidade cardiovascular é a principal causa de morte en todo o planeta.