h1

Mañá, día 4 de abril, o Hospital de A Coruña, acollerá a "Xornada de Portas Abertas para Futuros Residentes"

O obxectivo principal da xornada é ofrecer unha información directa aos futuros Residentes da oferta formativa que os centros da Xerencia de Xestión Integrada de A Coruña poden ofrecerlles, para o desenvolvemento dunha formación integral, buscando a excelencia.
 
Contarase con representantes Docentes, Titores e Residentes para que poidan coñecer os diferentes servizos e realizarase unha visita ao Centro Tecnolóxico de Formación que será unha peza crave ao longo do seu período formativo.