h1

Os próximos días 28 e 29 abril terán lugar en Palexco, A Coruña, as XXIII Xornadas da Sociedade Española de Radioloxía Musculoesquelética (SERME) sobre Imaxe e intervencionismo guiado por imaxe do membro superior, presencial e online.

Todas as técnicas de imaxe (radioloxía simple, ecografía, TC, RM...) e todas as rexións anatómicas (ombreiro, cóbado, boneca, dedos...), particularmente nos seus aspectos máis impactantes e novos en canto a diagnóstico por imaxe e tratamento percutáneo guiado por imaxe, serán obxecto do intenso programa, dirixido non só a radiólogos e residentes de radioloxía, senón a todo aquel profesional da medicina con interese nestas áreas, incluíndo reumatólogos, rehabilitadores, traumatólogos, médicos do deporte ou cirurxiáns plásticos, entre outros.

A abordaxe interdisciplinar é clave no manexo de toda patoloxía musculoesquelética, e na imaxe convergen as claves para solucionar moitos dos problemas dos nosos pacientes.

Máis información sobre inscricións, envío de comunicacións, etc. na web de SERME