h1

Unha das maiores preocupacións do Servizo Galego de Saúde é dar a mellor asistencia sanitaria á poboación, cuns elevados niveis de calidade e seguridade para o paciente.

Dentro da política de control de calidade na que se atopa inmerso o Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña, o servizo de anatomía patolóxica obtivo a certificación de AENOR que respalda o sistema de xestión da calidade conforme ás esixencias das normas internacionais como a ISO 9001.
anatomia patologica AENOR_CHUAC.jpg
A certificación deste servizo centrouse principalmente en tres áreas: citoloxía xinecolóxica e da canle anal, patoloxía molecular e HPV, e hibridación in situ e inmunohistoquímica.

A primeira área, citoloxía xinecolóxica e da canle anal, realiza o diagnóstico de lesións preinvasivas do tracto xenital feminino e da canle anal de pacientes da área sanitaria utilizando unha tecnoloxía de citoloxía en base líquida con instrumentación de última xeración e cun moi alto nivel de calidade, tanto na precisión diagnóstica, como nos tempos de resposta, que non son superiores en ningún caso a tres días.

Nesta área tamén se realiza o estudo de detección do virus causante do cancro de cérvix e da canle anal, o papilomavirus humán (HPV) nas mostras citolóxicas de forma simultánea. Este importante labor permitiu o diagnóstico precoz do cancro de cérvix e da canle anal, de forma que na actualidade, os carcinomas destas localizacións son extremadamente raros no noso medio, o que supón un enorme éxito tanto sanitario como social.

A segunda área, patoloxía molecular e HPV (papilomavirus humán), tamén utiliza tecnoloxía de alta complexidade e proximamente incorporará a necesaria para realizar estudos complexos de secuenciación (NGS). Nela determínanse as alteracións moleculares, tanto en biopsias de tecido (convencionais) como biopsias líquidas (sangue, etc.) que permiten detectar mutacións concretas nos tumores (dianas terapéuticas), e por tanto administrar os tratamentos específicos personalizados a cada paciente.

Desta forma, pódense coñecer as mutacións que posúe un tumor no momento do diagnóstico e as novas que poidan aparecer ao longo da evolución da enfermidade, axustando con precisión o tratamento e conseguíndose así unha importante mellora e avance na loita contra o cancro. Mesmo se poden detectar mutacións en biopsia líquida antes de que apareza clinicamente un tumor ou unha recorrencia.

E xa por último, a terceira área, hibridación in situ e inmunohistoquímica, encárgase de estudar os marcadores que se expresan nos tecidos das biopsias e citoloxías para realizar o diagnóstico completo e integrado dos distintos tipos de tumores e de biopsias complexas como as de transplantes (corazón, ril, fígado, medula ósea, etc.). Tamén determina a expresión de biomarcadores nos tumores para a aplicación de tratamentos específicos, e especialmente para terapias inmunolóxicas oncolóxicas, de gran repercusión na actualidade.

Mediante estes estudos podemos clasificar perfectamente os moitos e diferentes tipos de tumores existentes, para posteriormente realizar un estudo molecular se é pertinente, ou ben distinguir se un paciente cun órgano transplantado sofre un rexeitamento (e de que tipo) ou presenta algunha outra causa da súa disfunción do enxerto.

Esta certificación non só garante ou control e calidade, senón que é revisada e supervisada de xeito continuo por unha entidade certificadora independente, todo elo de forma periódica e sistemática, sendo un orgullo para ou hospital e, como establecemento de tecidos público, para ou Servizo Galego de Saúde.

Todos os profesionais (técnicos e facultativos) involucrados nestas áreas pousen un alto nivel de capacitación e coñecementos, así como unha gran capacidade de traballo, entrega e compromiso. Ademais, realizan cursos e actividades de formación e participan en programas de calidade, obtendo sempre uns magníficos resultados. A instrumentación da que dispoñen estas Unidades é tamén de alta tecnoloxía, e ademais participan en proxectos de investigación e innovación que lles permite estar nunha posición de liderado co consecuente recoñecemento na comunidade científica.