h1

O próximo 25 de marzo de 2022celebrarase na Coruña -salón de actos do Hospital Universitario A Coruña- o X Congreso da Sociedade Galega de Calidade Asistencial (SOGALCA) baixo o lema:

                                              "Un antes e un despois, oportunidades do agora"

Este congreso pretende dar visibilidade ás novas oportunidades que se ofrecen no ámbito sanitario para a xestión de novos riscos. A preocupación da sociedad e dos sanitarios ante esta pandemia achega novas oportunidades na implantación de boas prácticas así como un enfoque máis humanizado que incorpora as necesidades dos pacientes detectadas nun diálogo social e transparente.