h1

O Servizo de Radioloxía do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña organiza o XIV Congreso Galego de Radioloxía, que se celebrará o 25 e 26 de marzo de 2022 na Coruña, no Paraninfo do Reitorado da UDC. 

Este encontro organizado por radiólogos do Hospital Universitario da Coruña, conta cun programa científico no que se actualizarán coñecementos sobre técnicas de imaxe en pediatría, neoplasias pélvicas, ictus, neoplasias do pescozo e un bloque dedicado á COVID-19. 

Destacar, que haberá unha xornada específica para técnicos de Radioloxía.

Máis información na web do congreso: