h1

O 27 de maio celébrase o día da Medicina de Emerxencia xa que foi a data na que, en 1994, un grupo de médicos dedicados ao desenvolvemento da atención emerxente representando a diferentes países europeos, asinou o acta constitutiva da Sociedade Europea de Medicina de Emerxencias.

O obxectivo era crear un sistema que garantise a todos os cidadáns europeos unha resposta profesional, competente e oportuna a calquera emerxencia de saúde.

O Servizo de Urxencias do CHUAC traballa para dar unha atención cos máximos estándares de calidade técnica á poboación en base ao coñecemento científico imperante. Unha atención humana, nunha contorna de seguridade, confianza, confidencialidade, respecto, equidade e universalidade.

Todos os días do ano, as 24 horas do día, especialistas en estar sempre ao teu lado.