h1

O Complexo Hospitalario Universitario A Coruña, outro ano máis, consegue destacar nos prestixiosos premios Best In Class. Nesta ocasión os servizos galardoados son os de Urxencias e Medicina Preventiva, ademais da Unidade de Neurociencias e Unidade da Dor, que repiten por segundo ano consecutivo.

Este ano, ademais, clasificáronse para a final dos prestixiosos premios Best in Class nas categorías aos mellores servizos, os de farmacia hospitalaria en IMIDS, neuroloxía, reumatoloxía e Medicina Física e Rehabilitación, a mellor unidade de Hepatite C asi como o mellor proxecto de humanización para o servizo de oncoloxía, "Escola de pacientes con cancro", no que participaron os servizos de oncoloxía (que liderou o proxecto), farmacia, nutrición e xinecoloxía.
20221128_084449 (2) (1).jpg

“Recibir un premio, destacou Luis Verde Remeseiro, xerente da Área Sanitaria da Coruña e Cee, no acto de entrega dos galardóns BIC 2022 celebrados esta tarde en Madrid, non é só un recoñecemento, senón un estímulo e un compromiso coa excelencia, e temos que seguir traballando pola calidade e a atención aos nosos pacientes.
IMG-20221130-WA0035.jpg

En sanidade o éxito é o de cada día, porque o noso triunfo é o de cada paciente que recibe a mellor asistencia. O noso compromiso, como Hospital Público coruñés, é seguir loitando polo éxito, que non será noso, será o de todos”.

Os Premios Best in Class teñen como obxectivo recoñecer públicamente ao mellor centro de atención primaria, ao mellor hospital e a os mellores servizos e unidades do territorio nacional, tanto públicos como privados, que buscan a excelencia na atención que prestan aos seus pacientes. Tanto os gañadores como os finalistas forman parte da Guía dos Mellores Hospitais e Servizos Sanitarios que se edita anualmente. 

A concesión destes premios baséase na puntuación obtida polos candidatos co Índice de Calidade Asistencial ao Paciente (ICAP), que se establece a partir da análise multivariable con entre 100 e 150 indicadores, e entre eles destacan a atención ao usuario, a mortalidade, a taxa de infeccións, todo elo en función da especialidade.