h1

O servizo de Uroloxía do CHUAC lidera en Europa unha técnica cirúrxica para tumores renais co robot Da Vinci.

O Servizo de Uroloxía do Chuac  é o único centro en Europa que realiza a abordaxe, a través dunha única incisión de 3 centímetros, para o tratamento do cancro renal localizado, onde hai que extirpar só o tumor para preservar o órgano.

Destacar que o CHUAC, mediante a utilización do robot Da Vinci, asenta unha técnica única en Europa e polo tanto en España, para o tratamento cirúrxico mediante porto único en tumores e patoloxía do ril e da glándula suprarrenal.

Ata o de agora, a técnica utilizada para a extirpación deste tipo de tumores era a da cirurxía laparoscópica a través de catro ou cinco incisións maioritariamente a través do abdome do paciente, empregando unha cámara e o instrumental específico para levar a cabo a extracción do tumor ou do órgano afecto.
460C753E-FF4A-4BD2-919F-0F193E788F6E.jpeg
Con todo, o servizo de uroloxía do Chuac decide ir máis aló, aplicando a esta técnica a utilización do robot Da Vinci, o que lles permite unha mellor visión do campo cirúrxico e unha maior precisión nos movementos que o cirurxián ten que realizar, evitando así perda de sangue, ademais de reducir a dor posoperatorio e a estadía hospitalaria.

Cirurxía Robótica
A cirurxía robótica implantouse nos centros hospitalarios do Sergas para mediados en xullo de 2021, sendo cada vez máis os tratamentos cirúrxicos que levan a cabo mediante a utilización do robot Da Vinci.

A proba diso, é o aumento dos procedementos que utilizan o robot como alternativa á cirurxía convencional.

Como dato, desde que puxo en marcha o programa de cirurxía robótica no Hospital A Coruña, o número de procedementos alcanza os 738, dos que 63 corresponden ao ano 2023.

Ademais do servizo de uroloxía, os outros departamentos que fan uso desta tecnoloxía son: cirurxía xeral, xinecoloxía, cirurxía torácica e otorrinolaringología.