h1

O 2 de abril celébrase o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo. Esta data instaurada por Nacións Unidas ten como obxectivo visibilizar ás persoas con trastorno do espectro do autismo (TEA) e contribuír a promover o exercicio efectivo dos seus dereitos. 

Cada ano, o movemento asociativo do autismo en España promove unha campaña de sensibilización para que a cidadanía coñeza mellor a especificidade do autismo, empatice coas persoas no espectro e as súas familias, e contribúa así a mellorar a súa calidade de vida e a participar na sociedade en igualdade de condicións. 

Este ano baixo o lema #LlamémoslePorSuNombre, quérese visibilizar e concienciar sobre tres aspectos esenciais que contribuirán a promover a participación e a igualdade de oportunidades das persoas autistas e as súas familias.

VARIABILIDADE dentro do espectro do autismo.
Iguais, pero diferentes. 

SINGULARIDADE e ESPECIFICIDADE
Derrubar estigmas e falsas crenzas. Comprender o autismo e valorar ás persoas autistas.  

SENTIDO DE PERTENZA
Orgullo fronte a rexeitamento; apoio fronte a substitución.  


Pictogramas no CHUAC
O Complexo Hospitalario Universitario da Coruña quérese sumar á celebración deste día dando visibilidade á iniciativa que leva a cabo no servizo de Urxencias do Hospital, onde se instalou cartelería con pictogramas para facelo máis accesible á diversidade. Tamén contan cunha serie de pictogramas para facilitar a comunicación con pacientes de espectro autista o que conleva unha atención máis segura e eficiente.