h1

A enfermidade de Parkinson (EP) é un trastorno neurodegenerativo que afecta o sistema nervioso de maneira crónica e progresiva. É a segunda enfermidade máis prevalente na actualidade despois do Alzhéimer e pertence aos chamados Trastornos do Movemento.

A día de hoxe non se coñece a causa última da EP. Con todo, considérase que podería deberse a unha combinación de factores xenéticos, ambientais e os derivados do propio envellecemento do organismo.

O diagnóstico da EP é fundamentalmente clínico e realízase en base á historia clínica e exploración neurológica da persoa, xa que non existe na actualidade un marcador bioquímico. Pódense realizar probas complementarias para descartar outros posibles trastornos.

Neste día, o Complexo Hospitalario Universitario da Coruña ( CHAUC) quere lembrar que os síntomas deben incluír a lentitude de movementos (bradicinesia) e, polo menos, un dos seguintes máis:
  • Tremor en repouso (pode estar ausente no 30% dos pacientes e non exclúe o diagnóstico)
  • Rixidez muscular
  • Inestabi­lidad postural
Hai diferentes modalidades de tratamento que inclúen:
  • Farmacolóxico
  • Cirúrxico
  • Terapias avanzadas como a infusión continua subcutánea ou intestinal de diferentes substancias
  • Terapias non farmacolóxicas: fisioterapia, logopedia, terapia ocupacional...

Descobre os Falsos Mitos


día mundial parkinson_chuac.png