h1

Esta mañá, Luis Verde Remeseiro, xerente da Área Sanitaria da Coruña e Cee e presidente do padroado da Fundación Profesor Nóvoa Santos, e José Mª Fuciños Sendín, presidente do padroado da Fundación Manuel Piñeiro Pose, firmaron un acordo de colaboración entre estas dúas institucións para a promoción da investigación científica sobre o tratamento médico, farmacéutico e asistencial das persoas inválidas e enfermas.

AcordoFundacions CHUAC.jpg
Este acordo marco de colaboración permitirá desenvolver calquera programa ofrecido por ambas partes, que consideren desexable e factible, e que contribúa ao fomento e desenvolvemento das relacións de cooperación entre as mesmas.


A Fundación Manuel Piñeiro Pose, entre os fins dos seus estatutos, atópanse a mellora do tratamento científico, entendendo como mellora do tratamento científico, todas aquelas actuacións que se apliquen ou se poidan aplicar para a promoción da investigación científica sobre os tratamentos médicos, farmacéuticos e asistenciais das persoas inválidas e enfermas.


O presente Acordo Marco ten por obxectivo establecer as bases dunha mutua cooperación entre estas dúas entidades para a realización de actividades en todas aquelas áreas de interese recíproco propios dos seus obxectivos e funcións, con miras ao logro dos seus fins o aproveitamento racional dos seus recursos.