h1

O vindeiro 18 de abril, ás 9:00 horas, no hall do 4º andar do HUAC  (entre o quiosco de prensa e Admisión) terá lugar a inauguración da exposición sobre resistencias bacterianas aos antiinfecciosos cuxo obxectivo é dar visibilidade ao problema das resistencias.
Exposiciónresistenciasbacterianas_CHUAC.png
A exposición que estará disponible ata o 26 de abril,  consta de 7 paneis nos que, a través dun conto interxeneracional, vaise explicando o problema que supón a resistencia das bacterias aos antibióticos e as formas de previla.

Acompañando á exposición dispoñeremos de 300 exemplares do conto Inés e as Bacterias que serán distribuídos nas salas de espera das consultas de pediatría do Hospital Materno Infantil Teresa Herrera e dos Centros de Saúde Atención Primaria.