h1

Luis Verde Remeseiro, xerente da Área Sanitaria da Coruña e Cee, así como os responsables dos servizos de pediatría, medicina preventiva, farmacia e enfermidades infecciosas do CHUAC, acudiron esta mañá á inauguración da exposición sobre a “Resistencia bacteriana aos antibióticos” que se poderá visitar no hall de entrada do Hospital A Coruña durante os vindeiros días.

Inaguración Exposición Bacterias_CHUAC.jpg
Esta exposición, auspiciada por ECODES, entidade sen ánimo de lucro que centra a súa actividade nos obxectivos de desenvolvemento sostible, consta de 7 paneis nos que se vai explicando o problema que supón a resistencia das bacterias aos antibióticos e as formas de prevenila.
 
Coincidindo con esta exposición, 300 libros co conto “Inés e as bacterias” serán distribuídos nas salas de espera das consultas de pediatría do Hospital Teresa Herrera e as dos centros de saúde da Área Sanitaria.
Libro_CHUAC.png
Infeccións por bacterias multirresistentes
As infeccións por bacterias multirresistentes e a falta de efectividade dos antibióticos son unha das maiores ameazas para a Saúde Pública mundial. Segundo datos da Organización Mundial da Saúde (OMS), na actualidade morren polo menos 700.000 persoas cada ano debido a enfermidades resistentes aos medicamentos. Unha cifra que, previsiblemente, verase acrecentada por mor do cambio climático, posto que o incremento da temperatura global conleva tamén un aumento na resistencia das bacterias.

Así pois, hoxe non é posible desenvolver estratexias sanitarias sen incluír nelas a perspectiva climática e ambiental. A resistencia aos antibióticos ocorre cando as bacterias xa non responden a estes medicamentos desenvolvidos para eliminalas, xerando graves dificultades para combater as enfermidades infecciosas. Esta ameaza está a aumentar en todo o mundo e en 2050 podería converterse na primeira causa de morte.

Co obxectivo de profundar nesta problemática e analizar estratexias e posibles solucións, celebramos xunto con Pfizer o encontro en liña "Resistencia aos antibióticos: un risco para as persoas, os animais e o medio ambiente". Máis aló da saúde humana, a resistencia bacteriana tamén ten un impacto nos sectores veterinario e agrícola. Por iso, é un problema de saúde e sustentabilidade global que pode afectar a calquera persoa, independentemente da súa idade ou país de residencia.