h1

A Área Sanitaria da Coruña e Cee celebra o 5 de maio, a Xornada Mundial da Hixiene de Mans, enmarcada dentro das actividades promovidas pola OMS e o SERGAS para a seguridade do paciente, sendo este ano o obxectivo principal da campaña a mellora da práctica da hixiene de mans para deter a propagación á resistencia aos antibióticos e, deste xeito, protexer aos pacientes de infeccións que poidan incrementar a súa morbi-mortalidade. O slogan deste ano é “Aceleramos a acción entre todo@s”. 

Durante a xornada distribuiranse folletos informativos sobre indicacións e técnica de hixiene de mans e entregaranse a todos os profesionais solucións de base alcohólica de peto, para que así realicen o devandito procedemento alí onde estean, sen necesidade de depender de auga e xabón.

A hixiene das mans é unha das maneiras máis eficaces e económicas de previr mortes innecesarias. Esta práctica hixiénica reduce en máis dun 40% o número de mortes debidas á diarrea e nun 25% o número de casos en infeccións agudas das vías respiratorias. É unha actividade que xa moitos temos arraigada na nosa rutina diaria. 

Todos, dende a nosa infancia, fomos educados para que na nosa vida cotiá nos lavemos as mans, e en determinadas circunstancias laborais a concienciación de realizar este acto aínda é maior; esta acción cobra una importancia vital sobre todo en verán, cando as atencións por enfermidades de contaxio vía alimentación se multiplican debido á pouca atención que lle prestamos a esta necesaria práctica, xa que debemos ter en conta que as nosas mans son o contacto co exterior, e por esa mesma razón, son as que levan contaminantes ao noso interior. Un xesto tan simple como lavarse as mans con auga e xabón pode ser a clave para a supervivencia de millóns de persoas.

Para poder alcanzar o obxectivo é necesario asegurar un compromiso, non só dos traballadores, senón tamén por parte do equipo directivo, xa que é importante que os profesionais perciban que a estratexia de hixiene de mans constitúe unha prioridade nos distintos centros que forman a Área Sanitaria da Coruña e Cee. Compromiso máis que alcanzando desde a creación do Grupo de Mellora de Hixiene de Mans no ano 2009, mediante a posta en marcha de diferentes estratexias dirixidas á adhesión da hixiene de mans, como a localización de solucións de base alcohólica no punto de atención e formación do persoal involucrado na atención sanitaria.
Cartel_hixiene_mans_2023.png
AO LONGO DA MAÑÁ CELEBRARANSE ACTIVIDADES NOS DIFERENTES HOSPITAIS DA ÁREA SANITARIA DA CORUÑA E CEE ASÍ COMO NOS CENTROS DE SAÚDE:

Hospital A Coruña
Mesa de información sobre HM situada no hall de entrada do Hospital (4º andar).
Lámpada de luz ultravioleta para comprobar a eficacia do procedemento de hixiene de mans.
Distribución de solucións de base alcohólica de peto a todos os profesionais. 

Hospital Teresa Herrera
Mesa de información sobre HM situada no hall de entrada do Hospital (andar baixo).
Lámpada de luz ultravioleta para comprobar a eficacia do procedemento de hixiene de mans.
Distribución de solucións de base alcohólica de peto a todos os profesionais.
 
Hospital Marítimo de Oza
Mesa de información sobre HM situada no hall de entrada do Hospital (andar baixo).
Distribución de solucións de base alcohólica de peto a todos os profesionais.
 
Hospital Abente y Lago
Mesa de información sobre HM situada no hall de entrada do Hospital (andar baixo).
Distribución de solucións de base alcohólica de peto a todos os profesionais.

Hospital de Cee