h1

O proceso asistencial de atención ao síndrome de atrapamento do nervio pudendo que leva a cabo a unidade de coloproctoloxía do servicio de cirurxía xeral do CHUAC, en colaboración coa área de radioloxía vascular intervencionista e o comité de dor pélvica, obtén a certificación de AENOR (Asociación Española de Normalización y Certificación) que respalda o sistema de xestión da calidade conforme ás norma ISO 9001:2015.

20230509_095328.jpg
Seguindo a estratexia de atención na complexidade das enfermidades raras, e centrando a atención nas necesidades dos pacientes, o CHUAC recolleu esta certificación de calidade AENOR ISO 9001:2015. Este recoñecemento á atención da calidade chega despois dunha larga traxectoria de experiencia na abordaxe da patoloxía e dous anos de análise e accións para a mellora da calidade do proceso de atención.

O Síndrome de atrapamento do nervio pudendo ou Síndrome de Alcock foi descrito por primeira vez no ano 1987, cando un ciclista do Tour de Francia acudiu á consulta do especialista cunha dor incapacitante no territorio do periné. Este síndrome é unha alteración que provoca unha neuralxia (dor de tipo neuronal) grave no solo pélvico de difícil diagnóstico. Maniféstase por unha dor intensa e crónica na zoa perineal, que se agrava ao sentarse, e que é provocado pola compresión do nervio pudendo dentro da pelve.

O tempo medio para chegar ao diagnóstico é de catro anos, xa que hai poucos casos, e por iso require un diagnóstico certeiro, un tratamento cirúrxico específico e un seguimento e abordaxe da recuperación en colaboración multidisciplinar con equipos de alta capacitación.

As enfermidades raras son un reto para o diagnóstico e o tratamento das mesmas, pois requiren unha alta sospeita e unha atención coordinada con unidades especializadas que dean resposta ás necesidades das persoas.