h1

Radiólogos do Hospital Universitario A Coruña participan na organización das III Xornadas SERAM-ARRS que terán lugar en Palexco do 31 de maio ao 2 de xuño de 2023. 

Nesta edición destas xornadas conxuntas da Sociedade Española de Radioloxía Médica e a American Roentgen Ray Society a temática versa sobre avances en Resonancia Magnética. Para iso contará coa presenza de especialistas internacionais que ofrecerán case 40 relatorios que abarcan todas as áreas anatómicas (musculoesquelético, neuro, abdome, tórax, pediatría e mama), algo especialmente atractivo para os residentes de radioloxía. 

Por outra banda, estas Xornadas, que se celebran cada dous anos, teñen lugar nun momento de actualización crave para os radiólogos, pois grazas ao Plan de Investimento en Alta Tecnoloxía (INVEAT),  con fondos europeos renováronse moitos equipos de RM nos hospitais públicos de España.

Trátase sen dúbida dunha oferta atractiva, e unha magnífica ocasión para gozar da nosa cidade.