h1

O servizo de Cirurxía Torácica do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, organiza un ano máis a Xornada de Actualización de trasplante pulmonar.

Esta IX edición que terá lugar o vindeiro 30 de maio, no Hospital Universiario da Coruña, reunirá a membros do equipo de transplante pulmonar, que tratarán temas de interés e de actualidade e avaliarán os resultados co obxectivo de atopar e consensuar puntos de mellora que redunden na asistencia ao doente.