h1

O Servizo de Cirurxía Xeral do CHUAC  celebra  a #SemanaMundialIncontinencia para dar maior visibilidade a esta patoloxía e mostrar o seu apoio aos pacientes @InconASIA. 

A gran maioría dos pacientes con incontinencia urinaria e/ou fecal experimentan unha importante carga emocional: medo, depresión, ansiedade, vergoña... Por iso, o Servizo de Cirurxía Xeral do CHUAC súmase ao reto #LaMochilaMasPesada para apoiar aos pacientes con incontinencia @InconASIA e promover unha maior empatía social, axudando a alixeirar a súa mochila co apoio da Asociación de Incontinencia (ASIA) para derrubar o estigma social co que viven estes pacientes.

ASIA ten unha axenda de actividades programada durante toda a Semana Mundial: https://www.asiasuport.org/dejadeescapar-2023/