h1

Os próximos días 21 e 22 de setembro de 2023 terá lugar a celebración do “IV International Workshop on Cardiomyopathies” (dedicado integramente á MIOCARDIOPATÍA HIPERTRÓFICA).

Nestes últimos anos producíronse extraordinarios avances no diagnóstico e no tratamento da miocardiopatía hipertrófica. Con este encontro, quérese poñer de relevo como a compresión da xenética da miocardiopatía hipertrófica (e as súas geno-fenocopias: Amiloidosis e Enfermidade de Fabry) axudou no diagnóstico, o prognóstico e grazas ás futuras terapias génicas, no tratamento. Ademais, hai novos tratamentos que cambiaron o escenario terapéutico e poderían relegar os tratamentos utilizados ata o de agora a un segundo termo.

O formato desta cuarta edición basearase en breves revisións de expertos combinados con casos clínicos que abrirán interesantes debates cos líderes internacionais máis destacados nestas patoloxías. 

Hai máis de 20 anos, celebráronse na Coruña tres reunións científicas centradas nas miocardiopatías. Reuníronse entón os principais expertos internacionais proporcionando unha inmellorable actualización sobre os aspectos máis novos no diagnóstico e manexo das miocardiopatías.  Estas reunións foron organizadas polo Servizo de Cardioloxía do Hospital Universitario A Coruña (Dr. Manuel Penas e Dr. Castro Beiras) e polo Profesor William J.  Mckenna, contando co patrocinio da Sociedade Española de Cardioloxía.


Para os Pacientes
Dentro do marco deste encontro científico, o sábado 23 de setembro de 2023 ás 11:00 horas haberá un espazo dedicadopara os pacientes, de entrada libre e gratuíta. (https://hypertrophiccardiomyopathy2023.com/pacientes/)

Durante unha hora, no salón de actos da 4ª planta do CHUAC  falarase a “importancia das asociacións de pacientes na Miocardiopatía Hipertrófica” para o que se contará con Lourdes Maldonado, como moderadora (xornalista, actualmente en RNE, ex antena 3 noticias fin de semana, Telemadrid, Falando Claro en TVE1 etc.) con gran implicación no apoio á difusión das enfermidades raras.
PHOTO-2023-09-18-08-13-47.jpg
Exporase  a necesidade das asociacións de pacientes nas enfermidades raras ou pouco frecuentes, os problemas do movemento asociativo en España e convidaremos a expertos na materia para que respondan a estas consultas e proporcionen información actualizada.

Ademais participarán:
Raquel Vázquez Mourelle, Subdirectora Xeral de Atención Hospitalaria (Servizo Galego de Saude)
Eduardo Iglesias García (Presidente do Consello Galego de Colexios Médicos)
Pedro J. Marcos (Neumólogo, Director Asistencial do CHUAC)
Jose Manuel Vázquez Rodríguez, Xefe de Servizo de Cardioloxía do CHUAC
Alejandro Díaz Sueiro (Asociación Amiloidosis Visible)
Carmen López Rodríguez (Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas, FEGEREC)
Susana Portela Hernández (Latexa Corazón! Asociación Galega de Cardiopatías Conxénitas e Cardiopatías Familiares)
Profesor William J. Mckenna (Cardiólogo, University College of London)
Roberto Barriales Villa (Cardiólogo, Unidade de Cardiopatías Familiares do CHUAC)