h1

Do 4 ao 6 de outubro, celebrarase na Coruña -despois de 36 anos- o 40 Seminario de Enxeñería Hospitalaria coa participación do persoal da Área Sanitaria da Coruña e Cee na Presidencia do Comité Científico, no Comité Organizador e nas mesas de debate.

O concepto de Economía Azul, incorporado como lema a este congreso, desenvólveo o economista belga Gunter Pauli que impartirá a conferencia inaugural. Abórdanse tamén nas mesas de debate, todos os campos de actuación dentro das áreas de competencia da enxeñería hospitalaria, contando con relatores de recoñecido prestixio que farán que este Congreso alcance un alto nivel nos seus contidos técnicos e científico.