h1

O 10 de outubro celébrase o Día da Saúde Mental baixo o lema 'A Saúde Mental un dereito humano universal'.

Con este motivo o Servizo de Saúde Mental da área Sanitaria da Coruña-Cee organiza diversos actos en colaboración con varias entidades co obxectivo de visibilizar a importancia da saúde mental na nosa sociedade e desfacer os prexuízos que dificultan as boas relacións na comunidade.

Ademais, para dar a coñecer os diferentes servizos que se ofrecen deseñouse un cartel ilustrativo que se distribuirá por toda a rede asistencial.

Red asistencial servicio salud mental - DEGRADADO.jpg