h1

Os vindeiros 17 e 18 de novembro, terán lugar as Xornadas Anuais da Sociedade Galega de Medicina Preventiva e Saúde Pública organizadas polo Servizo de Medicna Preventiva de Complexo Hospitalario Universitario da Coruña. 


O obxectivo deste encontro dirixido a médicos, enfermeiras e outros profesionais sanitarios con interese na vacinación, medicina preventiva e saúde pública é poñer foco na inmunización do adulto, así como a utilidade da vixiancia epidemiolóxica como ferramenta estratéxica na atención sanitaria.

O programa científico reunirá a expertos en vacinación, medicina preventiva e saúde pública  que a través dos seus relatorios darán lugar a un debate interdisciplinar que expoña aspectos relevantes para a mellora na cobertura vacunal dous adultos así como nas estratexias de abordaxe de problemas tan perentorios como a multiresisistencia antimicrobiana.