h1

PROTEXIDOS COLECTIVAMENTE #LASVACUNASFUNCIONAN
 
A vacinación é unha ferramenta esencial no proceso vital de crecer e envellecer con saúde.

As vacinas non son só para os nenos, os adultos tamén necesitamos vacinarnos. Con todo, moitos adultos – tanto novos coma maiores- descoñecen que poden e deben ser vacinados.
 
Isto é aínda máis importante para aqueles con factores de risco para contraer infeccións inmunoprevibles (maiores de 60 anos, embarazadas, pacientes con patoloxías crónicas, imunocomprometidos xa sexa por enfermidade ou por tratamento, e traballadores sanitarios entre outros) para promover o seu benestar e evitar complicacións graves.

 

Galicia dispón dun calendario de vacinación infantil con excelentes coberturas, e desde o ano 2017 un calendario de vacinación para adultos que recolle as recomendacións principais en base a idade e factores de risco.

 PREVIR PROTEXER INMUNIZAR