h1

  1. Os consellos asesores de pacientes de área, con carácter xeral, desenvolverán as súas funcións en relación á área sanitaria na cal se integren, sen prexuízo de que en determinados supostos, debidamente xustificados por razóns de oportunidade e logo de aprobación pola persoa titular da consellería competente en materia de sanidade, poidan estender a súa actividade a outras áreas sanitarias.

  2. Son funcións dos consellos:
    a) Asesorar sobre aqueles aspectos, actividades, procedementos ou servizos que teñan impacto sobre as condicións da asistencia sanitaria, prevención da enfermidade e mellora da saúde e autonomía persoal que, con carácter xeral, afecten aos e ás pacientes, así como ás familias e ás persoas físicas ou xurídicas ás que se fai referencia no artigo 2. 
    b) Asesorar e colaborar, nos termos e condicións en que en cada caso se acorde, sobre os contidos das guías de información dirixidas aos e/ou ás pacientes que, dalgún modo, lles afecten. Asesorar e colaborar, nos termos e condicións en que en cada caso se acorde, sobre os contidos das guías de información dirixidas aos e/ou ás pacientes que, dalgún modo, lles afecten.
    c) Asesorar sobre a información de mellora da seguridade dirixida aos e ás pacientes.Asesorar sobre a información de mellora da seguridade dirixida aos e ás pacientes.
    d) Colaborar no deseño dos espazos dos centros sanitarios para a mellora da súa accesibilidade e funcionalidade.Colaborar no deseño dos espazos dos centros sanitarios para a mellora da súa accesibilidade e funcionalidade.
    e) Realizar propostas que poidan contribuír á mellora da atención e coidado dos e das pacientes.
    f) Calquera outra que de común acordo se decida xunto cos órganos responsables da dirección e xestión das áreas sanitarias, ou que, de selo caso, poida derivarse: 1º. Dun mandato legal. 2º. Dunha petición formulada pola persoa titular da consellería competente en materia de sanidade ou, a través desta, polas persoas titulares do resto das Consellerías da Xunta de Galicia, en relación con asuntos que poidan afectar aos intereses dos e das pacientes. 3º. De peticións que, dirixidas á persoa titular da consellería competente en materia de Sanidade e previamente validadas por esta, se formulen por outros órganos de participación social no ámbito sanitario; por representantes de institucións privadas que presten servizos de asistencia sanitaria no ámbito territorial da área sanitaria de que se trate e, en xeral, por representantes doutras administracións, ou institucións públicas ou privadas.

  3. No desenvolvemento das funcións dos consellos asesores de pacientes de área terase presente a perspectiva de xénero e o seu efecto na procura da igualdade entre homes e mulleres.