h1

A Área Sanitaria da Coruña e Cee, con motivo da publicación da ORDE do 16 de outubro de 2018 pola que se regula a composición e o réxime de funcionamento dos consellos asesores de pacientes de área, abriu un prazo de solicitude de participación no Consello Asesor de pacientes na Área sanitaria de A Coruña e Cee, ás Asociacións de pacientes constituídas formalmente durante o mes de xaneiro de 2021, que rematou o día 31/1/21.

Lugar de presentación de solicitudes: no Rexistro Administrativo da ASCC, ubicado no Hospital Universitario de A Coruña (As Xubias de Arriba, 84, Edificio Hotel de Pacientes, 15006  A Coruña) ou en calquera Rexistro Administrativo da Xunta de Galicia. Requiriuse Copia auténtica (ou compulsada) dos estatutos da asociación, así como os documentos que acrediten a representación legal da asociación por parte da persoa que presenta a solicitude.

 

> Resolución da XXIC, pola que se anuncia a designación das asociacións que forman parte do Consello Asesor de Pacientes da Área da Coruña e Cee

 

> Resolución do 9 de febreiro de 2021, da Xerencia da Área Sanitaria da Coruña e Cee, pola que se anuncia a incorporación ó Consello Asesor de Pacientes da Área Sanitaria da Coruña e Cee da Asociación Galega de Transplantes Airiños e da Asociación de Nenas, Nenos e Xente Nova con Diabetes de Galicia (Anedia).