h1

A Xerencia de Xestión Integrada de A Coruña, con motivo da publicación da ORDE do 16 de outubro de 2018 pola que se regula a composición e o réxime de funcionamento dos consellos asesores de pacientes de área, abriu un prazo de solicitude de participación no Consello Asesor de pacientes na Área sanitaria de A Coruña e Cee, ás Asociacións de pacientes constituídas formalmente durante o mes de xaneiro de 2019, que rematou o día 31/1/19.

Lugar de presentación de solicitudes: no Rexistro Administrativo da XXIAC, ubicado no Hospital Universitario de A Coruña (As Xubias de Arriba, 84, Edificio Hotel de Pacientes, 15006  A Coruña) ou en calquera Rexistro Administrativo da Xunta de Galicia. Requiriuse Copia auténtica (ou compulsada) dos estatutos da asociación, así como os documentos que acrediten a representación legal da asociación por parte da persoa que presenta a solicitude.