h1

Estimados/as membros do Consello Asesor:
 
Tal como lles adiantamos na reunión mantida o pasado 22 de marzo verbo da posta en marcha do Plan Funcional e Plan de Espazos para o Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, poden achegar as súas propostas á dirección de correo electrónico: novochuac@gesmedica.es.
 
Estas propostas deberán axustarse, na medida do posible, ao cuestionario que se adxunta, Se non fose así, agradeceriamos que, a documentación achegada teña a mesma estrutura (Servizos/Prestacións; Accesibilidade; Espazos; Confortabilidad/Humanización e Outros).
 
Esta documentación está dispoñible na extranet desta Xerencia (https://xxicoruna.sergas.gal), apartado Consello Asesor, ou a través do seguinte enlace: PLAN FUNCIONAL NOVO CHUAC
 
A data límite de recepción de propostas será o 20 de maio. Ademais da vosa contribución como membro do Consello Aseror está a vosa disposición, como de toda a cidadanía, unha enquisa de participación, de cara a que todos os usuarios do hospital/centro de saúde podan suxerir ideas tanto a traves da web novochuac.com, como en formato papel, que poden atopar distribuída nos diferentes centros asistenciais do ámbito desta Xerencia.
 
Agradecemos a súa participación. Un cordial saúdo
 
 
 
 
D. Luís Verde Remeseiro
Xerente de Xestión Integrada da Coruña
A Coruña, 1 de abril de 2019

Documentos relacionados Documentos relacionados