h1

espazo.jpg 

A cara visible da Dirección de Recursos Humanos da Área Sanitaria da Coruña e Cee é o Espazo do Profesional, que se constitúe como un elemento diferenciador na atención ás persoas que desempeñan as súas funcións na organización.

O Espazo do Profesional conta cunha unidade física, situada no Hospital A Coruña, na que se ofrece unha atención presencial e personalizada a todos os profesionais, en todos aqueles trámites e consultas que estes precisen realizar no ámbito da súa prestación de servizos. Así mesmo, o Espazo do Profesional conta cunha páxina web na que se poden realizar diversos trámites e consultar noticias e normativa relacionadas coa súa desempeño. O Espazo ofrece ademais, atención telefónica, por medio dos números 981176248 / 981176563 / 981178147 / 981178296 e telemática a través da conta de correo electrónico espazo.do.profesional.coruna@sergas.es
 
A atención prestada desde o Espazo do Profesional abarca tanto a incorporación, ofrecendo aos profesionais unha acollida personalizada, así como a posibilidade da sinatura electrónica dos seus nomeamentos temporais, ou a tramitación das certificacións electrónicas precisas para o desempeño das súas funcións, ao contar cun Punto de Acreditación Electrónica (PAE), como a vida laboral dos profesionais, facilitándolles a realización de todos os trámites que en materia de Recursos Humanos precisen, e mesmo a súa desvinculación, coa tramitación online da pensión de xubilación, procurando manter desde o inicio da relación un sentimento de orgullo de pertenza que vaia máis aló da propia finalización da relación de servizos.

espazo_enlace.png