h1

En dependencia do Servizo de Medicina Preventiva, a EOXI A Coruña conta cunha Unidade de Prevención de Riscos Laborais.
Para o tratamento dos temas relacionados coa prevención de riscos, constitúese o Comité de Seguridade e Saúde, integrado por representantes da Dirección de Recursos Humanos e por Delegados de Prevención, elixidos entre os delegados de persoal. A Presidencia do Comité corresponde ao Director de Recursos Humanos.
O Comité de Seguridade e Saúde reúnese trimestralmente.