h1

A Biblioteca do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña é un espazo que ten como misión responder as necesidades de información e coñecemento de todos os profesionais da ASCC.

O obxectivo vén marcado polo acceso á mellor evidencia científica para o desenvolvemento dunha excelencia clínica dos profesionais sanitarios.

Atópase situada na planta baixa do Hospital Universitario A Coruña.

Actualmente enténdese como un espazo de traballo, pois conta con postos de lectura e 7 computadores e unha impresora.

A aula Isabel Zendal, cuxo nome responde á enfermeira galega que acompañou á Real Expedición Filantrópica da Varíola (1803-1812), conta con capacidade para aproximadamente 35 persoas e está dotada de computador, canón de proxección con pantalla. Nela realízanse reunións de traballo, sesións e actividades de formación.
 


Horario: 8.00 a 15.00 horas.

Equipo Humano:

  • Marta Castro Pérez
  • Raquel Lodeiros Iglesias
  • Alejandra Bárcena Fernández de Angulo​

Contacto:

Teléfono: 981.178017 Ext. 295019-295065-295058-295030.
Email: biblioteca.chuac@sergas.es
 
Desde maio de 2018, a Biblioteca atópase integrada na Área de Documentación e Coñecemento Dixital, cuxa misión é xestionar de maneira integral o coñecemento da ASCC, a través da organización da información e difusión da mesma. Esta área tamén se encarga da páxina web https://xxicoruna.sergas.gal e a Intranet da Área Sanitaria da Coruña e Cee.