h1

Da Residencia á Cidade Sanitaria

Coa aprobación de   lei da Seguridade Social de 1966 produciuse unha importante ampliación das prestacións. A nova Seguridade Social supuxo máis medios financeiros e a creación das chamadas superespecialidades cirúrxicas. As Residencias convértense en Cidades Sanitarias, centros que engloban varias especialidades. Créase o programa de Médicos Internos Residentes (MIR) un fito na historia da medicina española, que supuxo a normalización na obtención do título de especialista. Coa implantación de   estas medidas expúxose a necesidade dun novo hospital. 

15.jpg

Cidade Sanitaria Juan Canalejo

O 21 de agosto de 1972  Francisco Franco  inaugura a nova Cidade Sanitaria Juan Canalejo, sendo Director Armenio Alves. Comprendía unha Residencia Xeral, un Centro de Traumatoloxía-Rehabilitación e un Bloque de Consultas Externas. Coa nova Lei as Residencias e Cidades Sanitarias, organizouse en Departamentos, Servizos e Seccións. 

16.jpg

 

Outro gran obxectivo do novo hospital foi a docencia iniciada coa formación de especialistas mediante o sistema rotatorio de MIR. En 1975 inicia a formación docente postgraduada na a Cidade Sanitaria Juan Canalejo, en 1979 inicia a  formación de Médicos de Familia.

17.jpg

Os estudos de enfermaría na cidade da Coruña, teñen o seu antecedente o Sanatorio Marítimo de Oza. O cirurxián Adolfo López Durán solicita a autorización á Facultade de Medicina de Santiago para formar enfermeiras pola Real Orde  7 de Maio de 1915.  En 1972 créase a Escola Feminina de Axudantes Técnicos Sanitarios (ATS), baixo a dirección de Armenio Alves. autorizáronse 15 prazas en réxime de internado, que se instalan nos pisos 10º e 11º da Cidade Sanitaria, até a construción do edificio da Escola de Enfermaría.

Do INSALUD ao SERGAS

En 1979 suprimiuse o Instituto Nacional de Previsión, pasando a xestión e administración dos servizos sanitarios do Sistema de Seguridade Social ao Instituto Nacional da Saúde (INSALUD), organismo de nova creación. Coa Lei Xeral de Sanidade 14 abril de 1986 configúrase o novo modelo de organización creándose o Sistema Nacional de Saúde, toma forma o concepto de servizo sanitario público que debe prestar o Estado.

O SERGAS créase en 1989 coa finalidade de dirixir os servizos sanitarios de carácter público da comunidade autónoma. En 1991 asume a transferencia do INSALUD (R.D. 1679/90, 28 de decembro) e o Complexo Hospitalario Juan Canalejo é transferido á Comunidade Autónoma. En 2007 coa aplicación da Lei de Memoria Histórica, o Complexo Hospitalario cambia de nome e pasa a denominarse Complexo Hospitalario A Coruña.