h1

Estimado/a cidadán/cidadá:

 

O Servizo Galego de Saúde está a abordar o Plan Funcional e Plan de Espazos do Complexo Hospitalario da Coruña (CHUAC) que constituirán a base do proxecto das obras necesarias para este hospital para os próximos anos.

 

Con tal motivo está á súa disposición unha enquisa de participación co fin de que poda contribuír na mellora da funcionalidade e o deseño dos recursos asistenciais do novo CHUAC en termos de necesidade de espazos dentro do hospital, a súa confortabilidade e a humanización dos mesmos entre outros.

 

Esta enquisa estará a súa disposición ata o 20 de maio, tanto a través da web novochuac.com, como en formato papel que pode atopar distribuída por diferentes puntos de información do Hospital e Centros de Saúde da Área Sanitaria A Coruña.

 

Pode consultar calquera dúbida enviando un correo á dirección de correo electrónico: novochuac@gesmedica.es.

 

 

Agradecemos a súa participación. Un cordial saúdo

 

 

D. Luís Verde Remeseiro

Xerente de Xestión Integrada da Coruña

A Coruña, 9 de abril de 2019​

Enlaces relacionados Enlaces relacionados