h1

Estimado/a Director/a:
 
O Servizo Galego de Saúde (SERGAS) está a abordar o Plan Funcional e Plan de Espazos do Complexo Hospitalario da Coruña que constituirán a base do proxecto das obras necesarias para este Centro para os próximos anos.
 
Co fin de poder prever os requirimentos en canto a instalacións e espazos e planificar a súa posible incorporación á prestación da actividade asistencial, sería de interese dispoñer, antes do 20 de maio, de información en relación con novos produtos, liñas de investigación e/ou innovación que se estean levando a cabo na súa empresa, tanto en equipamento como en produtos sanitarios e non sanitarios de posible utilización no ámbito hospitalario, e cuxa incorporación requira de condicións especiais arquitectónicas ou de infraestrutura e que se atopen nun nivel de desenvolvemento avanzado para a súa incorporación, a curto- medio prazo, á prestación sanitaria.
 
Para iso, se o consideran de interese, poderán remitir á seguinte dirección de correo electrónico gerencia.xxiac.novochuac@sergas.es, a información que consta na ficha adxunta, e que  stá dispoñible na extranet desta Xerencia (xxicoruna.sergas.es), ou a través do enlace: PLAN FUNCIONAL NOVO CHUAC. A fin de dispoñer de información complementaria agradeceríamos nos indiquen o nome dunha persoa de contacto.
 
Por último, aproveito para expresarlles o noso agradecemento pola súa colaboración. Atentamente, saúdalle
 
 
 
 
D. Luís Verde Remeseiro
Xerente de Xestión Integrada da Coruña
A Coruña, 1 de abril de 2019

Documentos relacionados Documentos relacionados